DOCUMENTO POLO QUE SE TEN COÑECEMENTO E SE MANIFESTA A ACEPTACIÓN DAS NORMAS DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO ESIXIDAS PARA FUTBOLISTAS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS TERRAS DE MASIDE
Os/As futbolistas
Funcións
• Coñecer e cumprir o RRI das Escolas Deportivas Terras de Maside
• Respectar a tódolos membros que compoñen e traballan nas Escolas Deportivas Terras de Maside, cos contrarios, coa arbitraxe e as regras do xogo, dentro e fora dos terreos de xogo, tanto nos partidos coma nos adestramentos e mais en calquera lugar onde represente ó Club.
• Respecto e disciplina cara as actividades e ordes, consignadas ou encomendadas polo corpo técnico, delegado e as de calquera cargo directivo.
• Non utilizar vocabulario ofensivo ou impertinente e manter actitudes respectuosas.
• Puntualidade en tódolos actos, xuntanzas e/ou citacións que realice a Escolas Deportivas Terras de Maside
• Xustificar aquelas ausencias e faltas de puntualidade.
• Acudir e vestir nos adestramentos, partidos (oficiais ou amigables e ós actos establecidos polo Club), coa roupa oficial.
• Acudir ás convocatorias, xuntanzas e/ou actos que realice o Club, (co seu equipo ou grupo de xogadores).
• Coidar con esmero o material e as instalacións que desfrute.
• Colaborar activamente nas actividades que o Club propoña.
• Coñecer e cumprir as Normas de Carácter Xeral.
• Asumir con respecto as sancións disciplinarias ás que puidera ser sometido.
• Calquera xogador que queira colaborar ou participar en outras actividades alleas ó seu posto do Club, deberá de comunicalo á Xunta Directiva.
• O/A deportista pasará formar parte da disciplina do club “fichará” cun documento asinado no que manifestará a súa conformidade co disposto no presente regulamento e mais o acordado verbalmente.
Obrigas
• Cumprir as funcións detalladas no apartado anterior.
• Informar da situación persoal ou suceso que lle acontecera, que puidese afectar ó traballo, comunicacións e relacións internas co grupo de traballo.
• Manter informados os directivos/as das actividades, actuacións e desenvolvemento do seu traballo, cando así se lle sexa requirido.
• Antes do inicio dos adestramentos de cada tempada, os xogadores deberán aboar o 50 % da cota correspondente. Así mesmo, os packs de roupa oficial deberán ser aboados na súa totalidade antes de realizar o pedido, non se tramitando ningún encargo sen o pagamento previo.
RÉXIME DISCIPLINARIO
Obxecto
O Réxime Disciplinario ten por obxecto regular as sancións derivadas do incumprimento por parte dos futbolistas do Club das obrigas establecidas no RRI.
A potestade sancionadora
Corresponde á Xunta Directiva a facultade de impoñer as sancións tipificadas nos apartados seguintes.
O acordo de imposición das sancións adoptarase en sesión extraordinaria ou ordinaria da Xunta Directiva (todos os luns) e requirirá o voto favorable da maioría simple dos asistentes a dita reunión.
Crearanse unha comisión para asuntos disciplinarios que denominaranse:
1- Comisión de réxime interno.
Formada por a xunta directiva co asesoramento do corpo técnico para as sancións. Para as faltas tipificadas como graves será exclusivamente a Xunta Directiva que teña a potestade sancionadora sempre co asesoramento do corpo técnico, tendo a directiva en última instancia esta capacidade.
O procedemento sancionador
O procedemento sancionador iniciarase no momento en que algún/ha dos/as membros da Xunta Directiva teña coñecemento da posible infracción cometida por calquera dos/as membros do Club, coa apertura do correspondente expediente sancionador e co nomeamento por parte do Presidente do Club do/a instrutor/a do dito expediente.
O/A instrutora do expediente sancionador deberá ser necesariamente un//ha dos/as membros da Xunta Directiva.
A cada expediente sancionador se lle asignará un número de expediente correlativo e será incluído no Libro de Rexistro de Expedientes Sancionadores, o cal será custodiado polo/a Secretario/a do Club.
O/A instrutor/a do expediente sancionador, logo de realizar as comprobacións pertinentes e de requirir a documentación e as probas necesarias, emitirá un informe sobre a procedencia da imposición dalgunha das sancións tipificadas nos apartados seguintes, o cal será notificado ao interesado no prazo máximo de 10 días naturais, para os efectos de que este formule no prazo máximo de 5 días naturais, contados a partires do seguinte ao da notificación do informe, as alegacións que considere oportunas.
O prazo para a emisión do dito informe non poderá ser superior a 10 días naturais, contados a partires do día seguinte ao do inicio do expediente sancionador.
Transcorrido o prazo de alegacións e tendo conta o alegado polo interesado, o/a instrutor/a elevará a proposta de sanción definitiva ó/á Presidente/a do Club, co fin de que convoque no prazo de 3 días sesión extraordinaria da Xunta Directiva, na que se incluirá na orde do día a proposta referida e se someterá esta á votación dos/as seus/súas membros.
A resolución adoptada pola Xunta Directiva será notificada ó interesado no prazo de 5 días naturais.
Os prazos sinalados nos apartados anteriores reduciranse á metade no caso das sancións tipificadas como moi graves.
Clasificación das sancións
As sancións clasifícanse en leves, graves e moi graves.
a) Para as faltas leves impoñeranse unha das seguintes sancións:
• Amonestación verbal
• Amonestación escrita
• Suspensión de soldo por unha semana
• Multa de ata o 25% do soldo mensual
b) Para as faltas graves impoñeranse as seguintes sancións:
Suspensión dos dereitos inherentes á condición en virtude da cal fose sancionado, por un período de 15 días a un mes ou sanción económica (poderá ser entre o 26 e o 50% do pacto remunerado acordado)
c) Para as faltas moi graves impoñeranse as seguintes sancións:
Pérdida dos dereitos inherentes á condición en virtude da cal fose sancionado, por un período de 1 a 3 meses, sanción económica acordada (poderá ser entre o 51 e o 100% do pacto remunerado acordado) ou expulsión procedente da entidade se así fose acordada, polo que non dará dereito ao xogador a percibir cantidade algunha pola resolución do contrato, aínda que así estivera pactada.
FALTAS
a) Consideraranse faltas leves
3 faltas de puntualidade a sesións de adestramentos nun mes.
Dúas faltas de puntualidade, ós desprazamentos ou partidos xogados nun mes.
Falta de comunicación coa debida antelación de ausencia a adestramentos, concentracións e actos por cousa xustificada.
Actitude pasiva, pequenas paradas ou descansos durante os adestramentos, sen ser fixados polo adestrador, con carácter reiterativo.
Pequenas mostras de desconsideración e respecto a outros compañeiros, árbitros, espectadores, patrocinadores, socios/as, directiva, sen que causen un prexuízo grave ós intereses do Club.
Falta de confidencialidade nos asuntos internos do club.
b) Consideraranse faltas graves
Acumulación de dúas faltas leves nun mes.
5 faltas de puntualidade a sesións de adestramentos nun mes.
A reiteración nos actos e/ou condutas tipificadas como faltas leves no apartado anterior.
A incomparecencia, a convocatoria e/ou citación, que realice o Club, tamén se inclúe un mal uso das redes sociais así como o deber de estar na casa a hora acordada.
Dar de maneira interesada os medios novas de prensa sen ser ofrecidas en primicia polas redes sociais do clube.
c) Consideraranse faltas moi graves
A acumulación de dúas faltas graves nun mes.
A acumulación de catro faltas graves nun ano.
Máis de sete faltas de puntualidade a sesións de adestramentos producidas nun mes.
Máis de 4 faltas de puntualidade a desprazamentos, partidos ou actos oficiais producidas no prazo dun mes.
A desconsideración ou actos moi graves cara os compañeiros, rivais, árbitros, espectadores, patrocinadores ou soci@s, persoal e directivos do Club, de maneira pública ou privada, con grave prexuízo para a imaxe do Club ou os seus integrantes.
A participación en maratóns de fútbol tamén será considerada falta moi grave.
O Cumprimento das sancións
A imposición da sanción pola comisión de calquera falta requirirá comunicación escrita ó sancionado, facendo constar a forma, a data na que terá efectos e os feitos que a motivan.
Circunstancias modificativas da responsabilidade do/a imputado/a
Como eximentes
a) O caso fortuíto
b) A forza maior
c) A lexítima defensa, cando proceda
Como atenuantes
O arrepentimento espontáneo, para cuxo acollemento requirira producirse no mesmo antes da notificación ó/á deportista, por parte da entidade, da incoación das correspondentes actuacións disciplinarias, debendo consistir na reparación ou diminución polo/a causante dos feitos da súa conduta, ou en dar adecuada satisfacción ó/á ofendido/a, ou en recoñecer formal e expresamente os feitos de que se trate e prestarse, no seu caso, a efectuar publica rectificación.
Como agravantes
Cando o/a autor/a dunha falta fora sancionado/a anteriormente por calquera outra.
Se non se deran circunstancias atenuantes nin agravantes, a entidade imporá a sanción correspondente no grao medio. De acreditarse unicamente atenuantes, a sanción aplicarase no grao mínimo, e de tratarse tan só de agravantes, no máximo. Se concorresen unhas e outras, compensaranse racionalmente segundo o seu número e entidade.
EXPEDIENTE DE INFORMACION RESERVADA
Cando así se estime oportuno o ter coñecemento dunha suposta infracción a Escolas Deportivas Terras de Maside, poderá acordar a instrución reservada, para coñecer con exactitude os feitos acaecidos, antes de ditar a providencia, na que se decida a incoación do expediente disciplinario, ou, no seu caso o arquivo das actuacións.
NORMAS XERAIS
Capítulo 1 ADESTRAMENTOS
En cada unha das sesións de adestramento, ben sexan tácticas, técnicas ou físicas, quedan afectos os xogadores ás ordes expresas que reciban por parte do adestrador. Con carácter xeral enuméranse as seguintes:
a) Presentarse os días e horas indicados polo Adestrador do Club, ás sesións que éste considere oportuno. A efectos de puntualidade, enténdese por “hora indicada”, aquela na que o xogador, completamente equipado, atópese en disposición de empezar o traballo previsto.
b) Os xogadores que non poidan exercitarse co resto dos seus compañeiros, por causa de lesión ou enfermidade, salvo convalecencia que lles inhabilite para o desenvolvemento da “vida normal”, deberán cumprir a obriga establecida na letra a deste capítulo, non podendo abandonar o campo de adestramento ata a finalización do mesmo. (En labores de recuperación).
c) O xogador que a causa de forza maior non puidera asistir a un adestramento, partido, concentración ou calquera outra citación efectuada polo adestrador, deberá comunicar expresamente a súa ausencia e as causas da mesma o adestrador do Club, antes da hora en que se encontraba obrigado a persoarse. A súa vez o adestrador deberá comunicarllo a Xunta Directiva.
d) Os Xogadores desempeñarán o seu traballo durante os adestramentos con respecto e corrección cara aos seus compañeiros e cargos técnicos, sen que en ningún caso estean permitidos o abuso de confianza, desconsideracións ou calquera outra manifestación que atente contra as básicas normas de convivencia que han de prevalecer no seo do equipo. O Adestrador será o máximo responsable do aspecto disciplinario e a autoridade que vele polo cumprimento do establecido no presente apartado.
e) Queda expresamente prohibido o uso de teléfonos móbiles, reprodutores de música ou calquera outro tipo de aparellos electrónicos no transcurso dos adestramentos. Os teléfonos móbiles permanecerán apagados desde a chegada do xogador ao vestiario ata a súa saída.
Capítulo 2 DESPRAZAMENTOS
Nas viaxes que efectúe Escolas Deportivas Terras de Maside, o máximo responsable da expedición será o Delegado do Equipo, o cal, á súa vez, encargarase do aspecto organizativo.
O Delegado velará polo cumprimento das normas de índole disciplinario nos desprazamentos, informando a Xunta Directiva do incumprimento das normas de conduta seguintes:
a. Tanto Xogadores como Corpo Técnico, deberán presentarse con puntualidade no lugar designado polo Delegado, para emprender a viaxe en autocar, tren, avión ou calquera outro medio de transporte.
b. Si algún Xogador, que fose previamente citado, como expedicionario, chegase con atraso ao lugar de partida e perdese o medio de locomoción, disposto polo Club, utilizará calquera outro medio de transporte á súa disposición que lle permita chegar ao lugar de destino do equipo, no menor tempo posible, sendo os gastos ocasionados por este concepto, por conta do Xogador.
c. Cada Xogador deberá presentarse no lugar de partida, da viaxe, coa equipación (chándal ou outra) que o Club dispoña como representativa e obrigatoria.
d. No transcurso das viaxes, que o Club dispoña que se realicen en autocar, prohíbese aos Xogadores invitar ou incitar a persoas alleas ao equipo, Corpo Técnico ou Directivo, para que acompañen á expedición, independentemente do vínculo familiar ou persoal que lles una aos desprazados.
e. Queda expresamente prohibido, que coa expedición viaxen persoas alleas ao Club.
Capítulo 3– LESIONS E ENFERMIDADES.
Toda a actividade desempeñada polo área deportiva do Club, estará encamiñada a obter os mellores resultados, mediante o traballo específico e global no terreo físico, táctico, técnico e anímico, cos xogadores do Club.
Respecto de as lesións e enfermidades dos xogadores, rexerán as seguintes normas específicas:
a. En caso de lesión ou enfermidade, independentemente da orixe destas, o Xogador estará obrigado a presentarse ou comunicarllo ao corpo técnico.
b. Todo Xogador que precise calquera tipo demedicación, deberá gardar unha receita oficial na que figure o medicamento prescrito e a dose a tomar.
c. Todo Xogador que non dispuxese de devandita receita oficial, e en calquera dos controis antidopaxe detectáseselle calquera sustancia non permitida no momento de efectuarse os mesmos, será responsable único e persoal para todos os efectos da infracción cometida.
d. Queda absolutamente prohibido, considerándose como falta moi grave, o tratamento de lesións ou enfermidades por servizos médicos distintos aos do Club, sen previa autorización destes por escrito.
e. Si a situación médica do Xogador, baixo prescrición facultativa, non é a de gardar repouso absoluto, estará a disposición do Cadro Técnico, para realizar cantos exercicios sexan necesarios para a súa pronta recuperación.
f. O Club, unilateralmente, poderá rescindir o contrato que teña subscrito co futbolista, previa comunicación á Real Federación Española de Fútbol e/ou á reiterada preséntese, nas instalacións do Club para desempeñar o seu traballo, nun estado físico deficiente (sobrepeso, debilidade, etc.), a condición de que devandito estado sexa consecuencia de circunstancias alleas ás sesións de preparación que efectúen baixo control médico e adestrador do Club.
Capítulo 4– DISPOSICIONS XERAIS
Os Xogadores da Escolas Deportivas Terras de Maside, non permanecerán fora dos seus domicilios máis aló da 1:30 os venres e as 12:00 o sábado, durante o período comprendido entre o 1 de setembro e 1 de xullo do ano seguinte. Durante o mes de agosto-pretemporada-, a hora máxima de retirada fixaraa o adestrador.
a. Prohíbese aos Xogadores, o uso de motocicletas, bicicletas ou calquera outro medio de transporte que entrañe un particular risco, así como a condución de automóbiles sen estar habilitados, polo correspondente permiso de condución.
b. O Xogador, nas súas relacións con membros do Consello de Administración, Corpo Técnico ou Persoal Xeral do Club, ha de manter unha actitude correcta e respectuosa.
c. Prohíbese aos Xogadores a práctica de calquera modalidade deportiva non supervisada ou autorizada polos servizos médicos ou Adestrador do Club.
f. O Xogador será o encargado de velar e coidar polas boas condicións de todo o material deportivo que o Club poña á súa disposición. Calquera uso indebido do mesmo, obrigará ao futbolista á indemnización correspondente ao deterioro orixinado.
g. As tarxeta amarelas mostradas aos Xogadores, e que o Equipo Técnico non considere tacticamente necesarias, serán consideradas leves ou graves, en función da súa reincidencia.
h. As expulsións que o Equipo Técnico non considere tacticamente necesarias, serán consideradas graves, en función da súa reincidencia. En caso de expulsións por agresións, encararse ca grada/rival/compañeiro ou protesta non xustificada ou desmesurada o estamento arbitral a sanción será de 40€ pola tarxeta máis 20€ por cada partido de sanción que impoña a federación.
i. A título enunciativo, o xogador absterase de levar a cabo actos que comporten utilizar en beneficio propio ou de terceiros información privilexiada ou arriscar cantidades de diñeiro ou obxectos económicamente valiosos, de forma directa ou a través de terceiros, en forma de quinielas, apostas ou similares, sobre os resultados de competicións ou acontecementos deportivos, oficiais ou non, nos que participe o club mediante calquera dos seus equipos, tanto se tratase de equipos da disciplina deportiva que practica o xogador, como de calquera das outras disciplinas deportivas propias do club, e tanto se tratase de partidos nos que participe o club, como no caso de que non sexa así.
j. O Club resérvase o dereito de autorizar ou denegar as baixas de ficha para que un xogador poida fichar por outro equipo. Só se concederán baixas por causas de forza maior, tales como cambio de domicilio, traslado laboral ou outras circunstancias debidamente xustificadas.
i. No caso de que os deportistas non aboen as cotas correspondentes en tempo e forma, o Club resérvase o dereito de dar de baixa a ficha federativa e prohibir o acceso ás instalacións do Club ata que se efectúe o pagamento pendente.
i. O Club resérvase o dereito de crear grupos interactivos en aplicacións de mensaxería, como WhatsApp, para a xestión interna dos equipos a partir da categoría de Fútbol 11. Será o Club quen determine se ditos grupos se constituirán cos propios deportistas ou cos seus pais ou titores legais, segundo se considere máis axeitado para o correcto funcionamento do equipo.
Aceptación
O Xogador D. ______________________________, con D.N.I.: ___________________, RECIBE e ACATA o Regulamento de Réxime Interno, das Escolas Deportivas Terras de Maside para a Tempada 2020/21 e seguintes, logo de haberse comprometido co mencionado Club.
Conforme,
* CAPITÁNS
• Representantes e responsables dos xogadores do seu equipo.
• Serán os voceiros dos xogadores. Deberán de ser serios e responsables e terán que ser respectados.
• Velarán polo bo funcionamento do equipo tanto dentro como fora do Club.
• Serán os encargados de tódalas funcións que encomende o adestrador ou o club cara o plantel.
• Coñecer e vixiar o cumprimento das Normas de Carácter Xeral. (Anexo 1) de tódolos xogadores.
• Únicos xogadores que poden dirixirse ó colexiado, sempre con respecto.
• Deberán dar boa imaxe, xa que é o representantes dos xogadores do seu equipo, e representan ó Club dentro do terreo de xogo.
• Executar o berro das Escolas Deportivas Terras de Maside antes de cada encontro.
* ADESTRADORES
• Representantes e responsables dos xogadores do seu equipo.
• Serán os voceiros do corpo técnico. Deberánde ser serios e responsables e terán que ser respectados.
• Velarán polo bo funcionamento do equipo tanto dentro como fora do Club.
• Serán os encargados de tódalas funcións que encomende a xunta directiva ou o club cara o plantel.
• Coñecer e vixiar o cumprimento das Normas de Carácter Xeral de tódolos xogadores, comunicando a xunta directiva cando sexa preciso.
• Deberán dar boa imaxe, xa que é o representantes dos xogadores do seu equipo, e representan ó Club dentro do terreo de xogo.
• Executar o berro das Escolas Deportivas Terras de Maside antes de cada encontro.






















